- Para aprender cousas novas e adquirir coñecementos de ordenador, nunca manexará un. E tamén para relacionarme cos meus compañeiros.
¿Qué che aporta o estar na aula ocupacional de novas tecnoloxías?
- O paso moi ben cos meus compañeiros, e vou adquirindo moitos coñecementos. cada día facemos algo novo.
¿Arrepínteste de algo nesta vida?
- De moitas cousas pero agora non podo dar marcha atrás, vivo o presente o mellor que podo, e non penso no futuro.
¿Qué foi para ti o de ser arbitro?
- As persoas teñen un concepto moi equivocado, neste mundo coñeces moitas cidades e pobos de toda España, e sobre todo fas moitas amizades, aínda que a xente pense o contrario.
¿A quén votaches nas últimas eleccións?
- O voto e secreto, pero eu estou contento cos últimos dez anos de alcaldías en Lugo, a cidade mellorou moito, e aquí por desgraza sempre tivemos moita cacicada.
¿A qué te dedicarías se puideras volver comezar?
- O pasado, pasado está e punto.
¿Gustaríache cociñar? ¿Atréveste a dicir que prato che gustaría cociñar máis?
- Si, un bo cocido.
Unha loucura que fixeras por amor.
- Cando traballaba na distribuidora, tódalas mañas leváballe a prensa e a bollería a rapaza para almorzar. Ela aínda mo recorda e agora bótao de menos.
¿ Envídiaslle algo ao outro sexo?
- Algunhas cousas.
¿Porqué te chaman Furilla?
- Púxomo un profesor en E.X.B, porqué andaba tirando follas a papeleira, e díxome “pero séntate furafollas do carallo”, e dende aquela quedoume este mote.
¿Cál foi o capricho máis caro ou máis barato que mercaches nesta vida?
- O máis caro a miña primeira vivenda e o máis barato os condóns que viñan de regalo onde eu traballaba.
Si tes tempo a leer, ¿Gustaríanos saber que novela estás lendo?
- Só leo a prensa diaria, sobre todo a deportiva.
Ata o momento da túa vida, ¿ cales foron as mellores vacacións que pasaches?.
- Foi coa miña moza polo norte de España, sobre todo gustoume moito Santander e os seus pobos, Noja, Santoña, Laredo, Isla, Santillana del Mar……….
¿Cál sería a túa viaxe soñada?
- Ir ver unha final do Barça, a calquer cidade de Europa.
Dinos cal o teu grupo musical o película favoritos
- Rosendo Mercado e Fito e Fitipaldis.
- Gústanme todas as películas do actor Morgan Freeman, sobre todo “Cadena Perpetua”.
¿Cál é a túa asignatura pendente nesta vida?
- Poder chegar a arbitrar en Primeira División.
¿Qué che gusta facer no teu tempo libre?
- Todo o que estea relacionado co deporte, ademais gústanme moitos, fútbol, tenis, baloncesto, fútbol sala, atletismo, ciclismo,etc.
Nieves Gayoso y Quique Sanmartín
No hay comentarios:
Publicar un comentario